martes, 20 de septiembre de 2016

A Carreira da Muller por María Gonzalez

Aínda que sabía que non podería gañar nada, nin faltando todas as demais, inscribinme na Carreira da Muller.
Empecei trotando o sábado no sono da noite,e ao erguerme o domingo tiña tantos nervios como un neno na noite de Reis. A miña camiseta rosa do CAS descansou dobrada e expectante nunha cadeira e pola mañá mirábame dicindo:
-Forza ,que isto é un adestramento máis.



Acompañada das miñas amigas, Asun e Tirsa, formamos un equipo chamado “Raneresas” que non é maís que un “guiño” a perseguir soños e celebrar a vida.
Xuntas, cos nosos dorsais pegados ao diafragma da existencia e rodeadas das nosas compañeiras, mergullámonos no mar rosado que deu luz á nosa cidade, dende ese momento o rosa xa non foi só unha cor para mín, senón que se converteu nun sinónimo de forza e actitude.
Pasados uns dez minutos, e xa cada unha ao seu, e caladiñas como mandan María Luisa e Raquel, empecei a sentirme a min mesma, porque cando corro médranme unhas ás nas costas que fan que me reencontre coa nena que fun, porque cando corro voo, e roxe tamén no meu corpo un mar de paz e silencio.
Deste xeito e sempre xuntas chegamos á meta collidas das mans, despois dun camiño no que elas “tiraban” de min todo o tempo.

Orgullo de non ter parado e alegría do traballo feito son as sensacións que mellor describen a miña experiencia neste novo sendeiro  que é o “runnnig” na miña vida.


 Grazas CAS.