lunes, 28 de septiembre de 2015

Cronica de Noelia Papin sobre a Carreira da Muller

7:00 soa o despertador, durmín pouco e mal como ven sendo habitual a noite anterior as carreiras.
Tomo o meu café, pero non como nada, no son capaz, collo a bolsa, comprobo que teño todo listo: dorsal, roupa, auga, platanos, e saio na procura das miñas irmás, a miña nai e a miña sobriña. Coche completo con 5 das 8 mulleres da familia, Area aínda é pequena para poder participar nesta carreira e Violeta e Aroa traballan.
As 8:00, a néboa é moi mesta tanto que chega a mollar e Sara queixase do frío.
Deixámolo coche na praza de Ourense e imos buscar as compañeiras do clube, cruzámonos con grupos de xente que volven para as casas despois de sair de troula, botámonos olladas de esguello os uns aos outros, coma se fósemos de dous bandos inimigos. As nosas camisetas rosas delátannos, somos esas tolas que madrugan para ir correr,pero o que non saben eles e que nós imos a unha festa tamén, pero a unha un chisco diferente. Unha festa onde as ilusións, os soños de cada unha de nós, son os convidados máis ilustres.

Cando chegamos ao Obelisco somos case das primeiras pero deseguido van chegando máis e máis chicas do CAS, o clube agasállanos con headbands para o cabelo (son preciosas).Xuntámonos máis de cen mulleres do clube: Raquel, Maria Luisa, Cova, Carmen, Yoli, Montse, Lina, Sara,Carol, Angeles, Maricha,Ruth, Lucia, Nely..…...e tamén están os chicos do clube, veñen apoiarnos coa súa presenza e son eles hoxe os encargados de quitalas fotos, de gardar as chaves, os móbiles, as chaquetas, o noso clube é fantástico!!!
Sen case tempo, tomamos rápidamente un café, penúltima visita ao baño e sen demora comezamos trotar. Miles de mulleres invaden xa os Cantóns, mulleres de toda as edades, nais, irmás, amigas, cuñadas, parellas......todas preparadas e dispotas para chegar a meta, correndo, trotando, camiñando, bailando.....soñando.
Faltan 10 min., miña nai queda con Carol para sair xuntas,Inés e eu imos para o primeiro caixón, xa o meu corpo está cheio de nervios e ilusiòn, Inés máis nerviosa ca mín, non para de saltar, de saudar, de sorrir, non sei de onde saca tanta enerxia, eu intento concentrarme, pero hoxe é imposibel, as emocións invádennos.
O speaker non deixa de animar e xusto antes dos derradeiros 10 sgs, pídenos que berremos tan alto que o noso berro de ledicia chegue ata en Fisterra. Inés mira para mín e dime totalmente convencida: É unha sinal.

…..E case sen darnos conta, soa o pistolezato de saida.
Non sei que pasa, véxome rodeada de corredoras moi xovenciñas, non terán nin 20 anos, Inés vaise alonxando de min, ela deseguida sitúase das primeiras, eu debo ir de décima, imos moi rápido, intento manter o ritmo, quero acercarme a Inés pero non podo.Chegando a Praza de Mina a maioria das rapazas vanse quedando atrás, a miña sensación segue a ser que imos  baixando o ritmo constantemente, uns metros máis adiante xa estamos situadas as primeiras corredoras: Inés Iglesias primeira, Inés Papín segunda, eu terceira. Vou incomoda e non sei moi ben cal é o motivo, levo ben a respiración, a temperatura é perfecta, non me molesta o estomago, que me pasa? Intento concentrarme e repítome a min mesma, tira, tira, agarda ao km 2, xa verás a partir ahí estarás máis cómoda.
Inés Papín vaise acercando a Inés Iglesias, e sei que a vai pasar. Dende a miña posición privilexiada a escasos metros delas vou vendo a disputa polo primeiro posto. A miña irmá vai rápida e con moita forza, hoxe non a para ninguén, falta máis da metade da carreira, pero estou segura, que chegará de primeira.
Antes de chegar altura da Voz, Inés Papín adianta a Inés Iglesias.
Agora toca sufrir e desfrutar, sufrir, porque temos que dalo todo e desfrutar porque a carreira xa está feita, é o que nós dí siempre o noso querido adestrador Alberto: Gozade!!. A partires dese intre, comezamos ver a todalas mulleres que veñen cara nós, é tan emocionante que non podo describilo, non teño palabras.Escoito como elas nos chaman polos nosos nomes, hai moitas amigas participando, recoñezo a voz da miña irmá Carol, iso dame forzas e de súpeto véxome de segunda, agora toca manterse, non podo relaxarme, xa queda menos.
Non quito os ollos de Inés, cada vez máis rápida e eu detrás seguindoa, ela non o sabe, non mirou en ningún intre para atrás e non sabe que vou de segunda, pero ela tira de mín cunha corda invisible, as cordas que tódalas irmás maiores levan para axudar aos irmáns pequenos, e soamente quero correr, correr sen máis, saboreando cada metro, cada zancada, mirando adiante, e deixándome levar polo marabilloso ambiente que hai este día na Coruña, na Carreira da muller.

Xa volvemos estar na praza de Mina, ahí están os arcos da meta, a xente aplaude e anima tanto que apreto un pouco máis, sen deixar de ollar para Inés, vexoa como cruza a meta, e escoito como dín o seu nome e cando chego, dín o meu, a súa irmá comenta o speaker, dúas irmás!!, Acércome a Inés, collémonos das máns, e penso que sí, que en Fisterra escoitaron o noso berro de Ledicia.